NOV 2017 Entrou pola porta da redacción e fíxonos unha foto en contrapicado dende o chan. Pensamos: «ostia, este é o fotógrafo que andábamos buscar». Liscou antes de poder decirlle «queda con nos». Tras dez minutos de desconcerto entrou un mail coa foto – alí estábamos con trepidadas caras de asombro – e un documento adxunto: si me queréis ¡llamadme! -un número de móvil – Firmado: Marco Polo.

Así fixemos, despois de ver centos (ou miles) de portfolios e curriculums con deseño hipercool que habían respondido á oferta de traballo de Viva Lugo,  tiñamos un tipo que nos sorprendía polo menos coa súa presentación. Había que darlle unha oportunidade.

Resposta amable pero curta á chamada: salid a la ventana. E puxose a moverse pola praza facendo fotos. Un «baile» hipnótico que miramos abraiados polo ventanal. Non paraba de facer fotos coas nubes detrás. Preto do noso edificio parouse, mirounos e dixo: me inventé una nueva vida de fotógrafo en esta ciudad ¿puedo ir con vosotros en vuestra nave espacial?

Miramos aburridos por el ventanal – para inventar otra vida en la misma ciudad. Dibújame una noche – llena de cohetes naranjas,
yo te daré las estrellas – y tú las pintarás de plata. Píntalo todo de plata. Te imagino al volante de la nave espacial.
Yo volaré a tu lado como Peter Pan. Déjame hacerte una foto con las nubes detrás, quiero tener algo tuyo si un día te vas.
Dibújame una noche llena de cohetes naranjas, yo te daré las estrellas y tú las pintarás de plata.
Píntalo todo de plata si nos vas a dejar.
Xa sabedes a resposta: SI. E xa sabedes de quen falamos: o noso reporteiro gráfico Marcos Loopez que ven de gañar por segundo ano consecutivo o certamen fotográfico «Estampas de Paz e Acougo» coa seguinte foto:



«Paz. Anxo da garda na noite máis longa de tódolos tempos»



Además de obter un Accesit no Premio Carlos Valcárcel do Maratón Fotográfico da Universidade de Lugo (Campus Terrae) coa seguinte foto de tema dado pola organización «Persoas e máquinas»



«Persoa atrapada en máquina»



O ano pasado gañou dos premios neste certame: o tema libre e un accésit… ós que suma o de este ano.

Dende a redacción de Viva Lugo qué menos que facerlle este artigo. Estamos de celebración e o autobombo en ocasións coma ésta é necesario e xustificado. Parabéns ó noso compañeiro e á súa family que os seus premios son de todos eles tamén que o apoian (e soportan) no día a día.
NOTA: Procederemos a dar conta dos certames e premiados nun artigo aparte como se merecen.

Se este artigo é do teu agrado: comparte
Se queres saber todo o que pasa en Lugo: segue a Viva Lugo no face, twitter e/ou instagram