Gema López, mellor artista local no Certame de Pintura Rápida de Lugo

A pintora lucense Gema López, mellor artista local no Certame de Pintura Rápida de Lugo

Xullo 2019 O pasado domingo, case 40 pintores e pintoras chegados de distintos puntos do Reino de España (desde Castro de Rei a LLeida pasando por Burgos ou Ferrol) lanzáronse ás rúas de Lugo para pintar nun tempo limitado a súa visión do noso patrimonio dentro do XIX Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre.

Entre os gañadores unha muller de Lugo que o consigue por segundo ano consecutivo: Gema López, Premio á Mellor Artista Local no 19º Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre Cidade de Lugo

Se xa ten mérito gañar unha vez un certame deste tipo, onde a rápidez para executar a obra de arte, a destreza técnica para plasmar o que se quere e finalmente facelo no tempo de entrega é de máxima dificultade, gañalo dúas veces e seguidas é … é… non temos palabras, que as poña Gema 😉

Sempre atenta e amable con este medio  isto foi o que nos contou:

gema-lopez
Foto cedida pola artista

Premio dous años seguidos: ¿cómo te sintes?

-Síntome moi agradecida.


¿Levas pensado o motivo a pintar ou é esa mañá cando o decides?

-Non, vou outro día a sacar fotos e fago algún boceto no estudo antes para ese día ter claro o que hei facer e cómo.

¿Qué é o máis difícil dun certame deste tipo?

-Este certame é un reto para min polo tempo, xa que eu son das que se considera de facer lento. A mín un cadro lévame de media un mes, contando os tempos de parón que eu considero necesarios para miralo con detenemento e pensar qué lle falta e cómo.

Despois, a calor e o sol son os inimigos que nunca fallan neste certame.

e ¿O máis fermosos deste certame?

-Tódolos anos cando chego a entregar o meu cadro síntome pequeniña cando vexo as maravillas que son capaces de facer os artistas que veñen a propósito de tódolos lugares de España para participar neste certame e noutros da mesma índole doutras cidades e teñen unha técnica moi depurada para revertir o tempo ao seu favor. Non me podería quedar con un, xa que incluso o xurado dixo que eran poucos os premios que se deron para a inmensa calidade das pezas.

O refraneiro dice: «Non hai dúas sen tres» … ¿voltarás a participar no 2020? ¿e a gañar?

-Por suposto que volverei participar salvo causa de forza de maior, a gañar non sei pero agardo mellorar de aquí a alá e levar unha estratexia mellor.