"Tecendo redes" a programación de roteiros de ADEGA-Lugo para a tempada 2019-2020
Novembro 2019 ADEGA-Lugo acaba de facer 20 anos programando roteiros e os que quedan para así coñecer as mil e unha paisaxes, os mil e un tesouros ambientais e patrimoniais, os mil e un territorios dun país que a cada paso tantas xoias como historias garda.
Grazas á xente que forma asociacións como ADEGA dase a coñecer e coidase o noso medio natural, a súa paisaxe, o patrimonio, a historia … unha rede de xente que ama a nosa terra e que hai que seguir tecendo, para que chegue máis grande e forte ás xeracións futuras.
Programa de Roteiros 2019-2020 ADEGA LUGO – TECENDO REDES:
3 de novembro: A Serra do Iribio. Plataforma Salvemos o Iribio.
24 de novembro: O Bierzo, a Galiza irredenta. Asoc. Tyto Alba.
22 de decembro: O Lugo de Carvalho Calero. Escola Oficial de Idiomas, colabora Colexio de Fingoi.
19 de xaneiro: Terras do Miño, terras do Neira e fontes do río Tórdea. Amigos do Patrimonio de Castroverde.
23 de febreiro: Mádia-Leva, 12 anos na historia de Lugo. CS Mádia Leva.
22 de marzo: As Mariñas Betanceiras. AC Roxín Roxal
19 de abril: Os Ancares naviegos. Asoc. Irmandade naviega
24 de maio: Negueira de Muñiz. Asoc. Polo Desenvolvemento de Negueira.
21 de xuño: A Fonsagrada. Mariña Patrimonio.
INFORMACIÓN ÚTIL
Web e formulario de reserva: http://roteirosadegalugo.wordpress.com
Neste sitio web poderase consultar o programa de roteiros, a información relativa a cada saída e tamén o formulario a través do cal se deberán inscribir as persoas participantes. Tamén poderán reservar praza a través dos números de teléfono 982240299 e 677800293.
As inscricións teranse que facer antes das 14h do xoves da semana da saída.
Os roteiros de ADEGA-Lugo están abertos á participación de público de todas as idades aínda que os socios e socias de ADEGA gozarán de desconto no prezo, así como as persoas que están estudando, en situación de desemprego ou os menores de 14 anos.
A saída do autobús terá lugar ás 8.00 ou ás 9.00 horas da mañá, dependendo da proximidade do destino, fronte á Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, na Avenida de Ramón Ferreiro.