Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Concerto The New Raemon e McEnroe

16 de abril - 22:00

Concerto The New Raemon e McEnroe

Xoves 16 de abril de 2026

22:00 horas

Club Clavicémbalo de Lugo

Promove: Facela Fest

Entradas

«A primeira vez a sensación foi tan boa que era cuestión de tempo unha segunda. Ramón Rodríguez (The New Raemon) e Ricardo Lezón (McEnroe) publicaron en 2016 o seu primeiro disco conxunto, Lluvia y truenos. Oito anos despois, recuncaron con Nuevos Bosques, un novo paso (dobre) da simbiose sonora entre estes dous consagrados músicos da escena independente.

E este vindeiro 16 de abril, no Clavi, teremos a fortuna de podelos ver, escoitar, sentir… xuntos! Será a terceira vez que Ricardo veña co FaCeLa e a terceira vez connosco tamén para Ramón. Un luxo gozar dos dous á vez, desa música que remexe fondamente a alma con notas e palabras sinxelas.

Un especial agradecemento a ambos os dous artistas, que co seu esforzo van facer este concerto posible. E tamén, como sempre, a Alberto do Clavi pola súa dispoñibilidade para que este evento único teña acubillo na nosa cidade.

Non vos despistedes coas entradas, que este vai ser un dos concertos máis bonitos do ano en Lugo.»

Detalles

  • Fecha: 16 de abril
  • Hora:
    22:00
  • Categoría del Evento:

Local