Cine «Los 400 golpes»
22 de abril - 19:30

Cine «Los 400 golpes»
Ciclo: Sesións de Filmoteca abril 2026 do Club Cultural Valle Inclán
Data de proxección: Mér, 22/04/2026 – 19:30
Lugar de proxección: Salón de Actos da Casa do Saber
Director: François Truffaut
Francia
1959
Drama | Nouvelle Vague. Película de culto. Adolescencia. Ensino
93 min
VOSE
Entrada libre para socios do Valle-inclán e comunidade universitaria. Resto do público cota proporcional de socio.
Sinopse:
Un cativo de trece anos, Antoine Doinel, leva unha problemática vida co padrasto e coa nai.
Doinel é un cativo soñador, inconformista, en parte asocial, que dificilmente atura o mundo familiar cheo de amargura. Unha mentira escolar faino meditar sobre a fuxida.
Primeira (e mítica) película de Truffaut, un dos filmes que axudaron a construír a Nouvelle Vague.
Comezouse a rodar un día antes da morte do seu mestre André Bazin, foi premiada en Cannes e tivo un importante éxito de público. Destacan as aparicións de Jeanne Moreau e Jean-Claude Brialy.
Premios:
Festival de Cannes, 1959: Mellor dirección (François Truffaut).
Premio OCIC
5ª Semana Internacional de Cine de Valladolid – Seminci 1960: Mellor película – Espiga de Ouro.
Círculo de Críticos de Nova York 1959: Mellor película estranxeira.
Premios do Sindicato de Críticos de Cine Franceses 1960: Mellor película
5º Premios Sant Jordi (películas de 1960): Mellor director estranxeiro.
























