Presentación de «Agora, eu cariota» con Xosé Gago e a cantareira Branca Villares

– Organiza: Club de Lectura de Lugo. Se vos interesa participar só tedes que escribir a clubdelecturalugo@gmail.com. Non é preciso formar parte do club para asistir.
Presentación de Agora, eu cariota coa presenza de Xosé Gago.
Un encontro coa poesía que nace da experiencia, da comunidade e do territorio. Versos que beben das ribeiras do Sil, da memoria e das redes de coidados, e que dialogan entre o escrito e o oral. Un poemario que transforma paisaxe en palabra.
Recitado e diálogo co público co acompañamento de Branca Villares.
Unha oportunidade para escoitar, sentir e compartir poesía en directo.
























