Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Teatro – Alicia Wants To

23 de abril - 20:30
Alicia Wants To

Bengala Teatro Físico

Xoves, 23 de abril de 2026 20:30 hs.

Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire

Idade recomendada: A partir dos 12 anos

Sinopse:

Esta é a vida, a partida de Alicia, ela xoga as brancas, pero non conta con todas as pezas.

Alicia Wants To é unha mestura de realismo máxico e crueza social que nos conta a historia de Alicia, unha adolescente que sufre problemas coas drogas e unha posible situación de abuso.

O espectáculo comeza no momento no que Alicia é expulsada dun centro de menores e se reencontra con Juana, súa nai. Ambas son mulleres da marxe, da fronteira, do borde, que tratan de sobrevivir nunha sociedade atravesada pola exclusión social, os abusos, a pobreza e un sistema xudicial que non protexe a todos por igual.

Esta historia está contada e construída a través dunha partida de xadrez na que o público é parte activa, elixindo algunha das decisións que ten que tomar Alicia e polo tanto decidindo como continúa o espectáculo.

A dramaturxia está inspirada libremente en referencias como Alicia no país das marabillas e na película Mommy de Xavier Dolan.

ENTRADAS:

Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

Detalles

Local

  • ​Auditorio Municipal Gustavo Freire
  • Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
    Lugo, Lugo 27003 Spain
    + Google Map
  • Teléfono 982 24 44 05