Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Concerto de música e baile tradicional polo «Fin de curso da Tradescola»

16 de junio - 19:00

O concerto de fin de curso da Tradescola terá lugar o martes 16/06 ás 19.00 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire, e nel actuarán as aulas de zanfona, acordeón, canto tradicional, percusión, aulas de baile, gaita, canto e pandeireta, pandeira, pandeiro e requinta.

Con este acto, a escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s en Lugo, que conta coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, a cesión dos locais por parte da Xunta de Galicia e do Centrad (Deputación de Lugo), inicia a recta final do curso no que participaron mais de 300 alumn@s

Ademais das aulas impartidas, neste curso realizáronse numerosas actividades de promoción e difusión da cultura tradicional tanto na cidade de Lugo como en distintas comarcas da provincia.

No último curso, a Tradescola levou a cabo numerosas actividades como os concertos didácticos para escolares celebrados no Corgo, Friol, Sarria, Monforte e Lugo, a xornada Tradicións de Outono, cun magosto e xogos tradicionais para nenos, os concertos de música tradicional do Nadal, as xornadas sobre entroido tradicional, o concerto Sons de Marzo, a celebración dos Maios, a organización dunha nova edición do certame de debuxo para escolares de toda a provincia sobreo baile e os instrumentos da música tradicional, as audicións na rúa do Sons de Maio, o concerto do Conxunto da Tradescola, a organización da Xornada da Carballesa, a festa de fin de curso de alumnado infantil, e agora, para rematar o curso, este Festival de Fin de Curso.

Detalles

Recinto

  • TRADESCOLA
  • Centro Lug II - Rúa Pintor Corredoira, 4
    LUGO, Lugo Spain
    + Google Map
  • Teléfono 982 22 99 66