Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Concerto de Gazella

23 de julio - 20:30

O Xoves 23 de Xullo nos xardíns do Pazo San Marcos, ás 20:30 h GAZELLA poñen fin ao ciclo Experimenta cunha evolución dos seus shoegaze e dreampop atmosféricos.

Formada a finais de 2021 en Valencia, Gazella defínese como unha banda con claras inquietudes creativas sen prexuízos nin medo á experimentación. Gazella bebe de diferentes fontes que van desde o shoegaze e o dream pop de principios dos 90 propios de bandas como Slowdive ou My Bloody Valentine, ata o rock/indie alternativo de Yo la tengo ou Radiohead.

“Gazella” (homónimo) é o primeiro álbum co que a banda se ha dado a coñecer ao público. Exposto como unha viaxe introspectivo e experimental, explora os conceptos do onírico, o anhelo, a superación ou inquietude persoais, entre outras sensacións, a través dunha serie de temas moi diferentes entre si pero cun aura común que se move entre a música alternativa, o dream pop, o shoegaze e a electrónica.

“Vías”, o seu segundo disco, é un álbum máis repousado e sen demasiados contrastes. Acompaña a quen pasea sen querer chegar a ningún sitio e, quizá por isto, lévache a algún sitio. Un disco lixeiro, que depura as ideas do primeiro álbum e ofrécenos nove cortes vinculados á electrónica e ao ambient, pero tamén á psicodelia e ao post rock dos 90.

@gazellagazellagazella

Un ciclo promovido pola asociación cultural lucense Teleclube Lugo @teleclube co apoio da Vicepresidencia Deputación de Lugo. @vicedepulugo

Info completa e vídeos na nosa web: Música e audiovisual experimental en directo co Ciclo Experimenta 2026

Detalles

  • Fecha: 23 de julio
  • Hora:
    20:30
  • Categoría de Evento: