Galego de Caracas. Foto en Praza do Campo (por Daniela Blanco Santos)
Simón Rodríguez Landaeta, a.k.a. Galego de Caracas, é un artista que leva varios anos sorprendendo na escena cultural galega gañando premios literarios, ofrecendo presentacións memorábeis de poesía escénica e mesmo rompendo tarimas en concertos.

Desta vez, o oriúndo de Caracas que se entregou por completo creación en galego da o paso definitivo no eido musical sacando á luz o seu primeiro sinxelo: Lugoland. 

O tema foi gravado, mesturado e masterizado na Cova do Oso estudio polo enxeñeiro Fidias Torres (@fidiasbear) e conta cunha instrumental producida por Horacio Hibirma (@hhponelritmo) no que o trap e a electrónica mestúranse con sons de feira para facer bailar e chimpar aos oíntes ao tempo que escoitan o relato dunha finde de esmorga en Lugo durante as festas de San Froilán.

A portada do sinxelo foi deseñado por Iván Mourante (@i.mouronte.b), artista lucense recoñecido tamén por ter feito o cartaz das Festas do San Froilán 2025.

O videoclip foi realizado enteiramente por Daniela Blanco Santos (@blancos.photo) durante o San Froilán 2025 e a edición estivo cocéndose a lume lento durante un ano co obxectivo de facer o lanzamento neste San Froilán 2026.

Así pois, Galego de Caracas, xa un rostro notábel da movida cultural galegal, recoñecido por obras literarias e escénicas que teñen posto en valor a lingua local e o papel dos migrantes na sociedade, marca un crossover memorábel amosando a súa faceta máis festeira. Esta canción é unha oda á noite lucense, ás súas festas e ao caracter máis hedonista de Lugo, a cidade que acolleu e engaiolou ao intérprete.

IG e Tiktok: @galegodecaracas
Web: galegodecaracas.com