Cargando Eventos

« Todos los Eventos

(20:15 h) Proxección do documental «1846 Revolución galega», coa presenza do director César Caramés

22 de octubre - 20:00

O 22 de outubro, o Club Cultural Valle-Inclán proxectará o documental ‘1846 Revolución galega’ coa presenza do seu director, César Caramés, e presentado por Felipe Arias Vilas.

Esta actividade, incluída na programación do Outono Cultural, terá lugar o xoves 22 de outubro no Salón de Actos da Casa do Saber do campus de Lugo ás 20.15 horas. A entrada é de balde e libre ata completar a capacidade da sala.

Esta actividade desenvólvese segundo o convenio asinado pola Xunta de Galicia e a Federación de Cineclubes de Galicia.

1846 Revolución galega

‘1846 Revolución galega’ é o resultado de anos de traballo de investigación do profesor de lingua e literatura galega de Moraña, César Caramês, para recuperar do ostracismo un dos episodios máis importantes da historia contemporánea de Galiza.

A Fundación Galiza Sempre xa ten traballado nos últimos anos co obxectivo de desterrar do esquecemento esta parte tan importante da nosa historia. Fíxoo en 2021, coa publicación do primeiro monográfico dentro da colección Efemérides da Galiza, co gallo do 175 aniversario dos Mártires de Carral, autoría do finado Xusto Beramendi.

Un ano despois, editou a segunda co gallo do 200 aniversario da morte de Antolín Faraldo da man de Henrique del Río. E agora, aproveitando o 180 aniversario, publicou unha dedicada específicamente á Revolución Galega, da autoría de Caramês.

FILMOTECA DE GALICIA.

Detalles

  • Fecha: 22 de octubre
  • Hora:
    20:00
  • Categoría de Evento:

Recinto

  • Casa do Saber
  • Praza Pío XII, 3
    Lugo, Lugo 27001
    + Google Map