Proxección do filme ‘Los ilusos 13+13’, de Jonás Trueba

O Club Cultural Valle-Inclán proxecta o filme ‘Los ilusos 13+13’, de Jonás Trueba (España, 2013-2026, 93 min), nas Sesións de Filmoteca do Outono Cultural 2026. Será o mércores 28 de outubro no Salón de Actos da Casa do Saber do campus de Lugo ás 19.30 horas.
Iniciada a proxección, non se permitirá o acceso á sala. Entrada libre para socios do club e comunidade universitaria, resto do público cota proporcional de socio do Club Cultural Valle Inclán.
Esta actividade desenvólvese segundo o convenio asinado pola Xunta de Galicia e a Federación de Cineclubes de Galicia.
Los ilusos 13+13
‘Los ilusos 13+13’ é unha película sobre o desexo de facer cine, ou sobre o que fan algúns cineastas cando non fan cine; sobre perder o tempo e o tempo perdido; sobre conversacións, borracheiras, comidas e rutinas; sobre os paseos ao saír do cine; sobre estar namorado; sobre estar só e estar con amigos, construíndo futuros recordos para unha película futura.
Nova versión da película de Jonás Trueba de 2013, que viu nacer a súa produtora xunto a Javier Lafuente e a partir da cal establecerían unha filosofía de traballo que perdura ata o día de hoxe. Un conxunto de actores e equipo técnico que se manteñen fieis ao espírito dos ilusos película tras película e que conciben a creación como un acto colaborativo. Por condicións precarias na posprodución, a versión de 2013 quedou sen cor. Agora se puido volver a el partindo do negativo orixinal e o que se presenta é un filme máis fiel ás intencións orixinais de Trueba.
FILMOTECA DE GALICIA.

