Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Visións de cine: onde empezan as historias

31 de octubre - 11:30 - 13:30

Os días 31 de outubro e 21 de novembro teremos os encontros ‘Visións de cine’, unha actividade incluída na programación do Outono Cultural.

Da man de catro profesionais poderás achegarte dunha maneira moi afable ao mundo do cine.

En cada sesión se tratará unha temática diferente: o 31 de outubro ‘Onde empezan as historias’ e o 21 de novembro ‘Onde suceden as historias’. De 11:30 a 13:30 no Pazo de Montenegro.

Pepe Coira, Andrés Goteira, Adra Pallón e Clara Coira serán as persoas relatoras. Elixirán dúas secuencias e a partir de aí todo estará por contar, todo por falar e analizar. O acceso é libre e de balde.

Esta actividade enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural que desenvolven a Universidade de Santiago de Compostela, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e a Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

Detalles

  • Fecha: 31 de octubre
  • Hora:
    11:30 - 13:30
  • Categoría de Evento:

Recinto

  • Pazo de Montenegro
  • Praza Pío XII, 3
    LUGO, Lugo 27001 Spain
    + Google Map