Teatro «A viaxe do Señor López» de Señor López Producións
Teatro «A viaxe do Señor López» de Señor López Producións
Domingo, 25 de outubro de 2026 18:30 hs.
Idade recomendada: A partir dos 6 anos
Sinopse:
O señor López é unha persoa solitaria, triste e gris. Un día calquera acontécelle unha desas cousas solitarias, tristes e grises tan característica do mundo dos adultos e, a partir dese momento, todo cambia. Monta unha compañía de teatro. Aprende a contar chistes. Fala idiomas inventados. Viaxa por un mundo cheo de cores e alegría. O señor López transfórmase por completo e acabará sendo outra especie.
ENTRADAS:
- Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

