Cargando Eventos

« Todos los Eventos

(20:15 h) Concerto de Sofía Ros

26 de octubre - 20:00

A acordeonista Sofía Ros dará un concerto o luns 26 de outubro ás 20.15 horas na Casa do Saber do campus de Lugo, enmarcado na programación do Outono Cultural e co que comeza o ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’ deste curso. A entrada é de balde e libre ata completar a capacidade da sala.

Esta iniciativa enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural que desenvolven a Universidade de Santiago de Compostela, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e a Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

Sofía Ros

Sofía Ros é unha destacada acordeonista clásica española nacida nas Islas Canarias en 2002 e residente en Glasgow. Hai pouco foi galardoada co BBC Radio Scotland Young Classical Musician of the Year 2025 e debutou como solista con la BBC Scottish Symphony Orchestra y el director Andrew Gourlay en los Glasgow City Halls, interpretando o Concerto Aconcagua de Astor Piazzolla. Este recoñeocemento súmase a unha traxectoria en vertixinoso ascenso que a levou a consolidarse como unha das intérpretes máis prometedoras do acordeón clásico a nivel internacional.

Detalles

  • Fecha: 26 de octubre
  • Hora:
    20:00
  • Categoría de Evento:

Recinto

  • Casa do Saber
  • Praza Pío XII, 3
    Lugo, Lugo 27001
    + Google Map