Encontro ‘Memoria democrática’, con María Valcárcel

Os días 26 de outubro, 30 de novembro e 14 de decembro teremos os encontros ‘Memoria democrática’, unha actividade incluída na programación do Outono Cultural e cuxo obxectivo é reconstruir a memoria democrática a través das vivencias das persoas, imaxes e as construcións que habitaron eses espazos. A nosa viaxe comeza na rúa da Praciña da Universidade e os seus aledaños. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto.
O acceso require previa inscrición nesta ligazón e o pago dunha taxa de 10 euros, no caso da comunidade universitaria, ou 15 euros, para o público en xeral, seguindo as indicacións do documento ‘Instrucións pagamento taxas’.

