ACTUALIZACIÓN: Amplíase, ata o 10 de decembro, o prazo de presentación dos traballos
Os rapaces e rapazas de 12 a 18 anos de calquera centro educativo da provincia interesados en participar poden entregar os seus traballos ata o 20 de novembro no centro de convivencia Uxío Novoneyra ou no Rexistro Xeral do Concello
Este concurso ofrece 3 premios dotados de 200, 100 e 70 euros para os traballos realizados polos mozos de 12 a 14 anos, e de 250, 130 e 100 para os de 15 a 18
Novembro 2018 A Concellería de Educación e Infraestruturas Urbanas, que dirixe Manuel Núñez, convoca un ano máis o Certame de contos e relatos curtos Trapero Pardo, que premia a creatividade literaria da mocidade lucense. Trátase da vixésimo cuarta edición deste concurso, dirixido a todos os rapaces e rapazas de 12 a 18 anos de calquera centro educativo de ensino non universitario da provincia de Lugo
O prazo de presentación dos traballos estará aberto ata o 20 de novembro – Amplíase, ata o 10 de decembro, o prazo de presentación – . Presentaranse por triplicado, escritos por unha soa cara. Os traballos enviaranse sen remite á área de Educación, no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, ou ao Rexistro Xeral do Concello, indicando no sobre: «24º Certame de Contos e Relatos Curtos Trapero Pardo» e a categoría na que participa, de 12 a 14 anos ou de 15 a 18 anos. Noutro sobre, pechado e baixo o mesmo lema, indicarase o nome, enderezo, idade, teléfono e centro onde estuda o participante. Os contos deberán ser traballos inéditos, escritos en lingua galega e de temática libre. A extensión non pode ser superior a dez páxinas.
As persoas participantes, que poderán presentar un máximo de tres traballos, dos que só un poderá ser premiado, optarán a premios que ascenden a 200, 100 e 70 euros na categoría de 12 a 14 anos, e a 250, 130 e 100 euros para os de 15 a 18 anos.
A resolución do xurado, que estará integrado por diversas persoas que desenvolven o seu labor no campo da cultura e da educación, farase pública no mes de decembro. Os contos premiados quedarán a disposición do Concello, que poderá publicalos ou facer o uso deles que estime conveniente.
+ info: web do concello