DEC 2017 O Club Clavicémbalo e a Librería Trama fundironse nun na noitiña pasada, e sen decidir con cal nome quedarse (Club Trama ou Librería Clavicémbalo) arrincaron a presentación do libro «Long Play» de Lois Pérez – LP de LP – cun local ateigado de xente de miradas luminosas.
Todo eran ollos que escintiliban de admiración e orgullo na oscuridade do local hacia o autor lucense que nunha máxica presentación de libro (literatura e rock and roll, poesía cantada, comedia e seriadedade sen chegar ó drama) falou, recitou, cantou e nos levou con él, ó seu carón nas súas verbas sobre a súa vida, o libro e os poemas … pasando de ser Lois Pérez a «o Lois», gañando pola súa cercanía, humildade, sentido do humor e calidade dos textos ese «título» tan galego que só damos ós que queremos e admiramos, ós que nos fan partícipes con cariño da súa vida: «o» … o Lois.
O Lois fíxonos rir moito, moitísimo. Tanto coas súas ocurrencias – é un comediante nato – coma cos poemas do libro (Abadín, Muimenta, a Troco, os baños do Clavi, Ian Curtis, unha muller brasileira ou portuguesa, Ohio, Kentucky … todo nun poema beat… soñeino? é real? …hoxe vou mercar o libro só por averiguar) Fíxonos participar repetindo partes, distribuiu tempos e coros coma o líder dos Stones, e soubo introducir seriedade e cordura e sentimentos fondos e incluso de rabia final acabando nun estoupido sonoro: aplausos e gran ovación … queremos máis, queríamos máis … desexamos que esta presentación deste LP doble… o Long Play de Lois Pérez … a súa cara A e cara B e viceversa non acabara nunca.
Sobre «Long Play»
Editado por Xerais. Papel 14,50 x 22,00 cm Rústica cosido a fío 192 Páxinas
… versos que teñen un pé no feitizo do estético, transitando pola benévola tiranía da rima; e outro, na inmediatez da emoción, a da esquina sucia do ring, cando o centro do libro viaxa ás formas máis propias da canción ou da «twitteratura» a ritmo de música e desexo, coma un parteluz que observa a «aritmética beatle»: letras tristes + alegres melodías.
As palabras cantan e denuncian, celebran, imaxinan e protestan, concisas e inmersas na observación da experiencia vital: os problemas, os medos e inquedanzas de quen as escribe, os ollos tisnados da infancia infinda.A «ledicia blue» que agroma do triste. A loita por habitar os silencios da nosa zona escura.
COMPARTE ESTE ARTIGO NAS TÚAS REDES