A exposición inaugúrase o 10 de xaneiro no Vello Cárcere de Lugo coa presencia e participación de familiares de deportados de Lugo. 
A exposición percorrerá de maneira detallada a vida de Boix e os deportados españois a Mauthausen. Estará ata o 3 de febreiro
Ademáis da expo tamén se programan conferencias e proxección de documentais, así como visitas guiadas os días 10,
17 e  22, 
25, 29 e 31 de xaneiro  ás 19:00.
A exposición poderase  poderase visitar todos os días da semana só en xornada de mañá, de 11:00 a 14:00 horas os luns, e tamén en xornada de tarde, de 17:30 a 20:30 horas os martes, mércores e domingos; de 17:30 a 23:00 horas os xoves e venres, e de 17:30 a 22:30 horas os sábados.
Francesc Boix documentou coas súas fotos a barbarie do campo de concentración de Mautahusen e logrou sacar clandestinamente as imaxes que servirían de proba no xuízo de Nüremberg27

Xaneiro 2019 Este xoves 10 de xaneiro chega a Lugo a exposición sobre Francesc Boix, preso de Mauthausen e fotógrafo catalán que axudou a documentar coas súas fotografías o horror sufrido nos campos nazis e de gran utilidade como proba no xuízo de Nüremberg de condena do réxime nazi.

A exposición, promovida pola ARMH (Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica) en colaboración co Concello de Lugo,  está acompañada do video documental Boix, fotógrafo del infierno

A exposición de Boix sirve para soporte á investigación da ARMH sobre os deportados galegos. Un grupo de colaboradores da Asociación Para a Recuperación da Memoria Histórica está traballando para sacar á luz as historias de tantos homes e mulleres que desde Galicia acabaron nun campo de exterminio, principalmente en Mautahusen. O traballo árduo consiste en localizar a documentación, dispersa en diferentes arquivos, e localizar ás familias co obxectivo de homenaxear a estas persoas tal como se fixo en toda Europa. Tamén  servirá para que familiares de deportados lugueses dean o seu testemuño do sucedido. 

A historia de Frnacesc Boix foi levada recentemente ao cinema «El fotógrafo de Mauthuasen» (co actor Mario Casas de protagonista e nominada a 4 Goyas),  un cómic «El fotógrafo de Mauthuasen» (Norma Editorial) contribuíndo ao seu recoñecemento e difusión da súa valía.

 

Exposición sobre Francesc Boix, o fotógrafo de Mautahusen, no Vello Cárcere de Lugo
DOCUMENTAL: Boix, fotógrafo del infierno

A exposición irá acompañada do vídeo documental Boix, fotógrafo del infierno, dirixido por Llorenc Adoitar, producido por Oriol Porta e no que tamén participa o investigador Benito Bermejo. Este documental realizouse no ano 2000 e reúne os testemuños de moitos compañeiros de Boix. É un percorrido sobre os estragos nos campos de concentración nazi documentada coas fotografías que Boix conseguiu rescatar. Tamén inclúe o testemuño de Boix nos xuízos de Nüremberg sobre o réxime nazi. Conta con varias distincións, entre elas o Premio do Festival de Cinema histórico de Pessac, Francia; e foi candidato aos Premios Emmy internacionais 2000.

FRANCESC BOIX, FOTÓGRAFO DE MAUTHAUSEN

Cando estala a guerra civil española, un novísimo Boix, afiliado ás Juventudes Comunistas, incorporouse como fotógrafo da revista Juliol. No ano 38 con tan só 17 anos únese á fronte como voluntario no Exército da República Española. Será a vitoria franquista no ano 39 a que empuxe a Boix e a moitos españois republicanos combatentes a exiliarse en Francia. Por orde do goberno francés, os refuxiados serán confinados en campos de acollida. 

En 1940 caeu prisioneiro das forzas alemás que invadían Francia. Os alemáns internan ós republicanos españois capturados en Francia en stalags (campos de prisioneiros de guerra) posteriormente a gran maioría foron enviados a Mauthausen, co macabro obxectivo da aniquilación mediante traballo forzado. 8000 españois serán recluídos no campo. Boix, rexistrado no campo o 27 de xaneiro de 1941, será o número 5185.

No ingreso en Mauthausen, Boix declara os seus coñecementos de fotografía e o idioma alemán. En 1941 o campo aínda está en obras e os españois estarán destinados a construír a súa propia prisión. Os prisioneiros padecerán traballos dificilmente soportables.  Ó ano seguinte inclúese entre os obxectivos a execución dos presos, as cámaras de gas e outros métodos de aniquilación

No Departamento de Identificación de Mauthausen xa traballaba un español, Antonio García, preso republicano e fotógrafo. Este departamento estende as súas funcións a toda a vida cotiá e era o encargado da documentación fotográfica para enviar a Berlín. En 1943 Boix entra no servizo fotográfico tras a confirmación de García dos seus coñecementos na materia.


As súas fotos, un legado para a liberdade e a memoria.

A historia das fotos vai unida ós fortes lazos políticos entre os españois prisioneiros. Ata o ano 45 idearon un plan para esconder en diferentes lugares os negativos e as fotografías que lograba incautar Boix. O 6 de maio de 1945 cando as tropas americanas chegan a Mauthausen para facerse cargo do campo. Francesc Boix adquire neses momentos un protagonismo excepcional: apodérase da cámara Leica que usaban os alemáns e que se converterá a partir daquela na súa arma máis efectiva contra os inimigos.

Xa en París, Boix decide publicar o material fotográfico en Regards, unha revista do ámbito comunista. A publicación conmociona á opinión pública mundial. Esta e outras publicacións fan considerar ás autoridades francesas a Boix como testemuña de interese para os xuízos de guerra que se estaban preparando.

En outubro de 1945, a cidade alemá de Nüremberg foi a sede do Tribunal Internacional Militar que xulgaría os crimes do nazismo e ós principais altos cargos do III Reich . Boix acudiría como testemuña e presentou as fotografías da tortura e masacre do campo de exterminio de Mauthausen reveladas na súa maioría por el mesmo e que retrataba os nomes dos seus executores.

Boix , enfermo, morreu en París o 7 de xulio de 1951 con tan só 30 anos.

No ano 2017 foi enterrado no cemiterio das celebridades de París con todos os honores 

Os datos dos deportados

En España, dos que hai constancia documental, foron deportados 9.328 prisioneiros, morreron 5.185 e sobreviviron 3.809. Representa unha taxa de mortalidade do 59%

Mauthausen e os subcampos que dependían del recibiron o maior número de prisioneiros españois. Deportados 7.532 , morreron 4.816. Representa unha taxa de mortalidade do 64%. A maioría morreron en Gusen, subcampo situado a 5 km de Mauthausen. A el irían 5.266 españois, 3.959 morreron.

Dachau e Buchenwald recibiron a uns 1.100 españois dos que, polo menos, 500 morreron ou foron dados por desaparecidos.

Ravensbrück foi o campo das mulleres. Por el pasaron unhas 170 españolas das que faleceron, polo menos, 14.

Tamén houbo españois noutros campos como Bergen Belsen, Auschwitz, Flossenbürg, Natzweiler, Neuengamme, Sttuthof, Sachsenhausen, Gross- Rosen, Aurigny, Guernesey e Neu Bremm

En Galicia, Foron deportados 179 prisioneiros e faleceron 106. Representa unha taxa de mortalidade de 59%.

Provincias:

A Coruña: 78 deportados deles 46 falecidos,
Lugo: 42 deportados deles 30 falecidos,
Cidade de Lugo 4 deportados, tres liberados,
Ourense: 30 deportados deles 20 falecidos,
Pontevedra: 33 deportados deles 22 falecidos,