Febreiro 2019 Chega unha nova fin de semana a Codex Cinema, coa súa estrea máis especial o momento: O libro de imaxes, do mestre Jean-Luc Godard, filme que conmemora os 60 anos adicados ao cinema deste creador imprescindible. Un filme desafiante e que moitos espectadores rexeitaran, mais para eso están os Codex, para poder ofrecer esta clase de filmes, normalmente censurados ou esquecidos polas salas comerciais
Ademais outra película polémica: Cafarnaúm de Nadine Labaki. Tanto esta como a de Godard, presentáronse no último festival de Cannes e foron premiadas, así que segue a aposta dos Codex polo cinema máis prestixioso, máis contracultural e de diferentes nacionalidades.
Debido a obras de acondicionamento do resto de espazos (en Marzo inaugurase a sala de concertos con Xoel López) , durante unhas semanas tocan horarios limitados (de xoves a domingo).
O libro de imaxes
A estrea máis especial dos Codex ata o momento: O libro de imaxes, do mestre Jean-Luc Godard, filme que conmemora os 60 anos adicados ao cinema deste creador imprescindible.
Un filme desafiante e que moitos espectadores rexeitaran, mais para eso están os Codex, para poder ofrecer esta clase de filmes, normalmente censurados ou esquecidos polas salas comerciais.
Francia / NRM 16 / 2018 /98′
Director Jean-Luc Godard
Montaxe Jean-Luc Godard, Jean-Paul Battaglia, Nicole Brenez, Fabrice Aragno
Produtora Casa Azul Films
Distribuidora Avalon
Francés con lendas en galego
Sinopse
Nada agás silencio. Nada agás unha canción revolucionaria. Unha historia en cinco capítulos, como os cinco dedos dunha man.
Palma de Oro Especial del Festival de Cannes 2018.
Cafarnaúm
Dsolador drama de Nadine Labaki. Un filme tan emocionante como tráxica sobre a infancia perdida dos nenos de Beirut. Un filme que levantou e levanta grandes polémicas sobre a achega de Labaki a esta situación.
Sinopse
Zain, un neno de doce anos intelixente e valente, sobrevive aos perigos das rúas da cidade grazas ao seu enxeño. Fuxindo dos seus pais e facendo valer os seus dereitos, recorre ante a xustiza para demandalos polo «crime» de darlle a vida.
Líbano / NRM 16 / 2018 / 120′
Directora Nadine Labaki – Guión Nadine Labaki, Jihad Hojeily, Michelle Keserwany
Música Khaled Mouzanar
Fotografía Christopher Aoun
Montaxe Konstantin Bock, Laure Gardette
Elenco Zain Al Rafeea, Yordanos Shiferaw, Boluwatife Treasure Bankole, Kawsar Al Haddad
Produtora Boo Pictures, Mooz Films – Distribuidora Caramel Films
Árabe con lendas en galego e castelán
High Life
Claire Denis é unha das grandes cineastas francesas dos últimos vinte anos. Filmes maxistrais como L’intrus ou 35 Rhums foron mundialmente recoñecidos pola súa calidade, destacando a
singularidade como artista desta directora francesa.
Trala visión desencantada da sexualidade dunha muller madura en crise que foi Un sol interior, agora chega High Life, unha fascinante odisea de ciencia ficción que renuncia á espectacularidade máis superficial para filmar os conflitos máis profundos dunha sociedade futura, na liña de Solaris de Andrei Tarkovsky.
O filme conta coas actuacións de Juliette Binoche e un sorprendente Robert Pattinson.
Cambio de raíñas
Cambio de raíñas é un filme de cámara sobre as peripecias da corte de Felipe de Orleáns e as súas políticas matrimoniais para casar as súas fillas cos reis de Francia e España, e así acabar coas disputas destes dous países. Así, o drama lévanos á Europa do século XVIII con gran
atención ao detalle e sen esquecer o humor e a representación da vida diletante das cortes europeas desa época
O filme está dirixido por Marc Dugain, famoso novelista galo, especialista en biografía histórica, mais que tamén ten unha recoñecida carreira como cineasta. No reparto encontramos a veteranos intérpretes franceses como Lambert Wilson (presente en Codex Cinema en A clase de
piano) facendo de Felipe V e Olivier Gourmet (habitual dos irmáns Dardenne) na pel de Felipe de
Orleáns.
TRINTA LUMES
2017 – España – 80 min – DocumentalTrinta Lumes
Dirección: Diana Toucedo
Alba ten doce anos e desexa descubrir o descoñecido, o misterioso e o fascinante da morte. Co seu mellor amigo Samuel entran en casas abandonadas, percorren aldeas destruídas e adéntranse no interior dunhas montañas que esconden outro mundo paralelo.
Una viaxe que parte da inocencia para descubrir o misterio da loita entre a vida e a morte.
Rodada na Serra do Courel. Contaremos coa presenza da cineasta e da equipa do filme, que por vontade deles mesmos quixeron estar cos espectadores lucenses o mesmo día da estrea oficial en toda España. Será o venres día 8 de febreiro que os responsables do filme estarán connosco, nos pases das 20:00 e das 22:15, para introducir o filme e intercambiar opinións cos espectadores.
Awards
Talents premio de la crítica – D’A Barcelona
Mejor largometraje del jurado – Primavera do cine de Vigo
Mejor largometraje Días de Cine – Filmadrid
Mejor fotografía – Festival Cinespaña de Toulouse, Francia
Iberoamerican Fénix Awards – Best cinematoprapher nominee
Mención especial del jurado – Festival Rizoma
Premio del jurado joven – Festival REC Tarragona
Premio del público – Novos Cinemas Festival Internacional de Pontevedra
Premios Gaudí – Nominada a la mejor película documental
Premios Feroz – Nominada a la mejor película documental