NOV 2017 O outro día dábamos conta neste artigo das fotos gañadoras no Maratón Fotográfico do Campus, onte coñecíamos as gañadoras do certame «Revelando o Machismo» e hoxe mostramos aquí as gañadoras no V Concurso «Estampas de paz e acougo» cuia temática era sobre as figuras escultóricas nos cemiterios lucenses, as emocións e os sentimentos que transmiten.

3º PREMIO
Autora: Tania Penoucos
Deseñadora gráfica e fotógrafa lucense, podes ver máis dos seus traballos na súa web oficial

2º PREMIO
Autor: Iván Mouronte Barreiro
Lugo – 1984
Deseñador gráfico, ilustrador, animador e artista conceptual (videoxogos,  carteis, artigos en medios de comunicación, curtametraxes de stop motion e animación 2D …) Podes ver máis dos seus traballos no seu Tumblr e Facebook.

«Bágoas» Iván Mouronte
1º PREMIO
Autor: Marcos Loopez
Marco Polo, o seu maior fan, leva unha web sobre a súa obra fotográfica. Unna boa mostra das súas fotos de rúa, de concertos e outras buscando en google «Marcos Loopez».

«Paz. Anxo da garda na noite máis oscura de tódolos tempos» Marcos Loopez
Estas fotografías e una escolma das que participaron pódense ver na capela do cemiterio de San Froilán.