Un paseo con Paulo Fabio Máximo e un obradoiro de velas: as actividades do Arde Lvcvs Cvltvral para este sábado 23/03

Para ambas as dúas actividades, que son de balde, é preciso inscribirse a través do 010 ou no 982297350 para os de fóra de Lugo. O prazo para anotarse aínda está aberto

Marzo 2019  O Arde Lvcvs Cvltvral, o programa de actividades de inspiración romana e castrexa previas ao Arde Lvcvs, ten preparado para este sábado un paseo pola cidade con Paulo Fabio Máximo e o Liberto Jávicus, e un obradoiro de velas para realizar unha ofrenda.

A asociación de recreación histórica Ara Roma será a encargada de dirixir o taller, que terá lugar das 11:30 ás 13:30 horas, no Centro Arqueolóxico de San Roque.

En xornada de tarde será o percorrido pola cidade co seu fundador, a partir das 17:00 horas, dende o miliario da Praza de Armañá, cun percorrido polos museos e aspectos romanos de Lvcvs Avgvsti. Este é o primeiro dos 4 paseos que se realizarán ata xuño, continuando así con esta programación de visitas que se iniciou o pasado ano no marco do Arde Lvcvs Cvltvral.

Para ambas as dúas actividades, que son de balde, é preciso inscribirse a través do 010 ou no 982297350 para os de fóra de Lugo. O prazo para anotarse aínda está aberto.

Ademais, na Sala de Exposicións de Porta Miñá aínda se pode visitar a exposición sobre a evolución da armatura do retiario.

ardelucuscultural