Setembro 2019 O próximo xoves 26 de setembro terá lugar a inauguración na Sede Afundación de Lugo da mostra «Oswaldo Guayasamín 1919-1999. Dúas series. Dous aniversarios». A mostra conmemora o centenario do nacemento do pintor e, ao mesmo tempo, o vixésimo aniversario do seu falecemento (Baltimore, 1999), ademais de ser o Ano Internacional das Linguas Indíxenas. Por todo iso, faise propicia para devolver á actualidade a incrible obra pictórica do artista.
Oswaldo Guayasamín é un dos artistas latinoamericanos máis destacados do século XX, coñecido polos seus retratos de importantes personalidades e pola súa vinculación ao muralismo, ademais de pola súa alta sensibilidade e coñecemento da vida indíxena e as culturas prehispánicas.
Visita guiada inaugural o 26 de setembro ás 19.30 h coa comisaria da mostra Pilar Cagiao. De balde! Inscrión
A MOSTRA
En colaboración co Museo do Gravado á Estampa Dixital de Artes, mostránse dúas series de gravados: «De Orbe Novo Decades» e «Emocións».
A primeira, unha análise sobre a vida indíxena e o fenómeno da descuberta, foi concibida para ilustrar unha edición facsimilar do libro de nome homónimo de Pedro Mártir de Anglería, publicado orixinalmente en 1516. Se o relato do humanista italiano inspirou as 57 ilustracións do mestre ecuatoriano, efectuadas nos anos oitenta do pasado século, esas mesmas litografías e augafortes, que se refiren ás visións mutuas entre dous mundos que tiveron lugar a partir de 1492, suxeríronnos unha nova ollada desde os textos históricos, literarios ou xornalísticos.
Doutra banda, a serie «Emocións», denominada así pola propia Fundación Museo das Artes, a través de 20 litografías realizadas en España polo pintor quiteño, achéganos ao mundo dos sentimentos, outra das súas principais preocupacións pictóricas, onde, a dicir do propio Guayasamín, «puxen alí toda a miña alma e reflectín os temas máis eternos».
Comisariado e textos: Pilar Cagiao, profesora de Hª de América. Universidade de Santiago de Compostela
Deseño da mostra: José Luis Rey
ONDE: Sede Afundación Lugo -Praza Maior, 16 / Praza Santa María, s/n. Lugo (Lugo)
DATAS: 26 de setembro ao 11 de xaneiro 2020
HORARIO: Luns a sábados de 18.00 a 21.00 h
ENTRADA: Gratuíta
OUTRAS ACTIVIDADES RELACIONADAS COA MOSTRA
OBRADOIROS DE GRAVADO
Dúas sesións a cargo da profesional Tita Fraga.
Sábados 21 e 28 de decembro | 11.30 h a 13.30 h
Entrada libre e sen previa inscrición.
Para todos os públicos, que se poderán incorporar e abandonar o obradoiro a libre elección.
DIDÁCTICA escolares
Desde a Área Educativa de Afundación propoñen un programa para toda a comunidade escolar sobre valores e numerosos encontros entre as culturas española e americana.
Pachakuti wawakuna. Infantil a 3º de primaria
Visita conto que recolle historias do pasado en quechua
Tinkukuy qhiswa. 4º de primaria a 2º ESO
Visita obradoiro. Encontros en quechua
Oswaldo Guayasamín. 3º e 4º ESO, bacharelato e C.F.
Visita obradoiro
Prezo: 1 € / participante
Información e reservas no 982 289 096 ou areaeducativalugo@afundacion.org