Das 130 películas, 112 serán gratuítas, sendo de pago só o ciclo infantil, con entradas a 2,50€, Xoias do Ano, a 4€ e o ciclo Oficial, que terá un prezo de 5€.
O parque de Frigsa acollerá o Paseo do Cine de Lugo
Outubro 2019 Do 21 ao 26 de outubro Lugo ten de novo esa cita especial co cinema de autor desde hai 41 anos: a Semana de Cine de Lugo que organizada polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá traerá, nesta edición, 130 películas foron seleccionadas para participar das miles que se presentaron. Hai cinema de calidade e para todolos gustos e edades divididas en 10 ciclos: infantil, xoias do ano, sección oficial, arte de cine, e para comer Lugo, atopa o guión da túa empresa, grandes historias, especial, as curtas tamén son cine e cine galego.
Un dos puntos fortes da Semana de Cine de Lugo é a proxección de películas en distintas sedes da cidade: o Auditorio Municipal Gustavo Freire, O Vello Cárcere, Museo Provincial de Lugo, salón da Deputación Provincial, Biblioteca Provincial e Casa do Saber da Universidade. Agás no Auditorio Gustavo Freire, nas outras cinco dalas de proxección, a entrada será gratuíta ata completar o aforo (o ciclo infantil, con entradas a 2,50€, Xoias do Ano, a 4€ e o ciclo Oficial, que terá un prezo de 5€)
Ademais, as persoas que acudan ás proxeccións do ciclo Oficial, recibirán cada día unha publicación do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá como agasallo: o luns, un libro adicado ao histórico membro de Fonmiñá, Juan Carballal; o martes, 40 Semanas de Cine en Lugo, que recompila os programas dos 40 anos de historia da Semana; o Mércores, o libro estará adicado a Rosario Dúrcal, a actriz homenaxeada na edición do 2018; o xoves, 41 semanas, 41 carteis, un recopilatorio en tamaño A4 dos 41 cartaces que anunciaron as Semanas ao longo do tempo; o venres, Antonio Mourelos, o lucense que recibe a homenaxe da Semana nesta 41 edición; para rematar a semana, o venres agasallarase o libro Históricos da Fotografía Lucense, a historia da fusión entre a Agrupación fotográfica Lucense e o Grupo fotocinematográfico Fonmiñá.
Como novidade deste ano, dentro do parque de frigsa, o tramo de camiño da avenida da Coruña ao auditorio municipal Gustavo Freire, acollerá o Paseo do Cine de Lugo, que conterá placas homenaxeando a figuras de Lugo que foron importantes no mundo do cine. Neste ano, colocaranse as dúas primeiras placas, homenaxeando a Antonio Mourelos e a Prudencia Grifell.