41 artistas expoñen no MIHL Arte e Amizade, “unha exposición froito da idea de a convivencia das miradas capaces de traspasar fronteiras”
Outubro 2019 O Museo Interactivo da Historia de Lugo – MIHL- acolle a mostra «Arte e amizade» que reúne a obra de 41 artistas de Galicia e Portugal. A pesar do uso de distintos temas, estilos e técnicas a mostra caracterízase pola harmonía conseguida na súa totalidade.
Promovida pola Asociación de Amizade e das Artes Galego Portuguesa (AAAGP) representada en Lugo pola artista Dolores Guerrero, e co apoio da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, con esta exposición Portugal e Galicia xúntanse facendo desaparecer as fronteiras e exemplificando a irmandade entre os artistas sen importar o seu lugar de nacemento, algo que aporta a Arte e o mundo debería copiar: seres únicos – os artistas – pero irmáns, libres e fortes.
A mostra foi inaugurada pola Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro que destacou o especial e único de «Arte e amizade como froito da idea de convivencia das miradas capaces de traspasar fronteiras”.
Arte e Amizade conta con obras de Jorge Agra, José Luis Aguilar, Luísa Arbiol, Helena Caldeira, Constantino Cuesta (Tino), Graça Cunha, Alexandra de Basto, Iraceia de Oliveira, Iago Eireos, Fina Eireos, jorge Espiral, Clara Ferrão, Rosa Gallego del Peso, Joaquín García-Gesto, Javier Granados Centeno, Dolores Guerrero, Honorio, Juan Lomarti, Diego López Fernández, Lugilde, Miguel A. Macía, Quique Muruáis, Odeza, Isabel Pardo, Marian Paredes Villaronga, Concepción Paz Montenegro, Luisa Paz Montenegro, Soledad Penalta, Peña Romay, María Luisa Pérez Novoa, Noa Persán, Pintao (antes Señor Bordell), Isabel Pintado, Pitelos, Carmen Prado, María Amélia Ramos, Xermán Refojo, COnceição Ruivo, Saro, Xesús Vázquez e Xoán Vila.