Novembro 2019 Se a edición XXI a gañou Xosé Antonio Neira Cruz, pola obra titulada Veleno de tinta imprensa… quén gañara esta nova edición do Certame de Narración Curta “Ánxel Fole”?. A convocatoria para particpar xa está aberta, así o anunciou a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro. Nesta edición, o premio volverá ser de 4.000€, ademais de que a obra gañadora será publicada por Edicións Xerais de Galiza. 

Poderán presentarse todas as persoas que o desexen, sempre que a obra esté escrita en galego. As obras presentadas poderán consistir tanto nunha novela curta como nun conxunto de relatos, cunha extensión mínima de 50 folios e máxima de 100, é dicir, entre 90.000 e 180.000 caracteres con espazos. Cada autora poderá presentar todos os relatos que desexe, en envíos separados.

As obras poderán enviarse ou entregarse presencialmente nas oficinas da área de Cultura até o 31 de decembro. Durante o primeiro trimestre do 2020 coñecerase a obra gañadora. As bases poderán consultarse en lugo.gal e no 010.