Este xoves 10/12 ás 19:00 o MIHL acollerá a exposición “Combate mural: muller, igualdade e empoderamento”, unha exposición baseada no traballo do Culturban, festival de arte urbana que se desenvolveu na cidade promovido pola área de Cultura e o Espacio Lupa
Esta exposición contará cos traballos murais que se elaboraron ao aire libre e que contou como taller de traballo, como lenzo e como galería Lugo.
O resultado foi a transformación de varias fachadas e lugares da cidade que fixeron “un Lugo máis vangardista, participativo e amable” declarou Felipe Rivas, edil de Educación e Difusión do coñecemento.
A exposición estará aberta ao público desde o 10 de decembro até o 11 de febreiro, no que tamén se realizará un obradoiro de arte urbano para nenos e nenas que se realizará no propio MIHL.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte