O cartel anuncidor da XLIII Semana de Cine de Lugo deseñado pola pintora lucense SABELA ARIAS, é unha alegoría visual con motivos lucenses, centrada no centenario de Luís Berlanga fixándose de xeito especial na súa mítica película “Bienvenido, Mr. Marshall”.
O cartel vai ser distribuido pola capital lucense e por toda Galicia en próximas datas para empezar a dar a coñecer a próxima edición que este ano volve ao seu habitual calendario da segunda quincena do mes de setembro.
Esta imaxe que compón o cartel vai ser tamén a portada do libro-programa da Semana, dos programas de man e do xornal da Semana que se vai buzonear en todos os domicilios da cidade de Lugo.
Para que os lucenses cinéfilos poidan participar nesta homenaxe visual a Berlanga, Fonmiñá vai convocar un concurso para que os coñecedores da película poidan indicar os motivos da película berlanguiana que encontran reflectidos no cartel. Os participantes que máis se acheguen ao total dos motivos indicados serán premiados con lotes de libros sobre cine e imaxe en xeral publicados por Fonmiñá con motivo das Semanas de Cine.
XLIII Semana de Cine de Lugo, organizada polo Grupo Fonmiñá en colaboración con Deputación Provincial, Concello de Lugo, Xunta de Galicia e Universidade de Compostela-Campus de Lugo.