Rematado o prazo para a presentación de películas que aspiran a participar na próxima Semana de Cine de Lugo, o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá informa ter recibido un total de 1.474 filmes entre longametraxes e curtametraxes, entre os que se seleccionarán os que van ser proxectadas entre os días 20 e 26 do próximo mes de setembro na XLIII edición da Semana de Cine lucense.

Destas 1.474 produccións, 1.286 recibíronse a través da plataforma Fest Home, 142 por Click For Festival e 46 de xeito directo: 34 a través dos Directores ou Produtores e 12 remitidas polos seus distribuidores.

923 producións son españolas, 42 proceden do Brasil, 39 de Francia, 38 da Arxentina, 36 de Chile, 19 de México e 11 de U.S.A.

Compre destacar que 29 produccións –longametraxes e curtametraxes- corresponden a cine galego, o que permitirá unha presencia notable do cine deste país nesta XLIII Semana que organiza Fonmiñá, co apoio da Deputación Provincial, Concello de Lugo, Xunta de Galicia e Universidade de Compostela-Campus de Lugo.

A organización comprácese en manifestar a sùa satisfacción pola magnífica participación de películas e polo alto nivel da programación desta próxima Semana de Cine de Lugo.

Presentación da pasada edición