A editorial Canela iniciou en 2012 a colección: TRADICIÓN ORAL, onde divulgan aspectos históricos, biográficos e documentais relacionados cos oficios, costumes, persoas senlleiras, etc., relacionadas coa tradición oral de Galicia mediante textos, mapas, imaxes, conversas, investigacións e gravacións de audio que acompañan aos libros. En xullo de 2021, ampliou a colección cun novo apartado: ETNOGRAFÍA, que comeza cun rigoroso volume que ten como protagonista O Courel.

«Un ano no Carballal. Da vida tradicional aos novos tempos no Courel» de Sonia Mª García García conta con prólogo de Uxío Novoneyra e artículase a partir das testemuñas recollidas entre a xente do Courel, de fotografías, de arquivos sonoros e de vivencias in situ nun inmenso traballo de campo,
ademáis da investigación académica da autora.

A partires dun material testimonial de inmenso valor ofrece unha visión desta comarca luguesa dende os primeiros tempos ata o día de hoxe. Nesta obra fálase do pasado, do presente e do futuro do Courel. Afóndase no medio natural, na súa historia, na vida tradicional, na etnografía, na antropoloxía, na realidade cultural en forma de tradición oral, música… Tamén da toponimia e do uso propio da língua.

Preténdese con todo isto que se entenda o seu pasado e a súa realidade para construir un futuro que resulte propio, xa que O Courel ten a súa propia esencia, a súa pegada única, o seu propio selo e o seu por que. 

Sendo inabarcable estudar cada aldea, pero tendo todas unha cultura común, elexiuse unha delas para que servise de exemplo. Ese lugar chámase O Carballal. Un lugar puro e pouco contaminado polas visitas de xente allea. A través del, o estudo chega dende o particular ao global a través dun método inductivo, conseguindo plasmar unha visión que abarca O Courel enteiro e mesmo boa parte das tradicións, dos traballos e da forma de vida da Galicia
interior.

Lendo as súas páxinas, aos foráneos seralles sinxelo facer un exercicio de empatía para meterse nos corpos e nas mentes da xente do Courel de hoxe e de onte, o que lles axudará a entender a comarca, a vida tradicional, as súas necesidades e as potencialidades de futuro. Para os que o viven, o viviron ou llelo contaron os seus antergos, resultaralles especialmente significativo e mesmo emotivo. E para os investigadores do medio, da súa etnografía, antropoloxía e fala, un instrumento moi válido de estudo. E así, xuntos, os da casa e os achegados, facendo sempre gala da hospitalidade que existe nestas terras, disfrutaremos do Courel.

Sonia María García García

Sonia María García García (A Coruña, 1972) é licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e está
ademais especializada en Xeografía Aplicada.

Polo seu exercicio como profesora de Educación Secundaria e Bacharelato na Coruña posúe grande experiencia no ámbito da docencia.

É autora de O libro do Courel (Ed. Belagua, 2016), unha obra de carácter divulgativo dos aspectos xeográficos, históricos e etnográficos da citada comarca. Un ano máis tarde, publicou a novela de ficción histórica Toca: el oro de la Gallaecia (Ed. Belagua, 2017), ambientada no Courel no momento da romanización. Na actualidade continúa afondando no estudo deste territorio, do que é especialista e prepara novos proxectos.

Publicou artigos en revistas de educación, e en gacetas, sobre temas relacionados con Galicia: relevo, clima, espazos naturais, arqueoloxía,
historia, orixe de festas e tradicións, a lírica medieval ou o Camiño de Santiago. Tamén impartiu obradoiros literarios a rapaces entre
doce e dezaseis anos e administra os blogs Eira de Pedra, Terras do Courel, ademais do referido á súa actividade como escritora:

https://soniamariagarciagarcia.blogspot.com 

Como afeccionada á fotografía, participou con algunha das súas imaxes en exposicións en Galicia, Asturias e Portugal