«Residencias Paraíso», o programa de residencias artísticas para a danza e as artes vivas impulsado polo Colectivo RPM, chega a O Vello Cárcere de Lugo con Miriam Rodríguez e Olga Cameselle que están a facer unha investigación e creación arredor da danza e das artes vivas contemporáneas para a realización da peza de videodanza “Memorias danzantes” que busca repensar o paso do tempo no corpo feminino desde un punto de vista interxeracional.