Lugo celebrará a "Noite galega das persoas investigadoras".

O vindeiro 24 de setembro, baixo o lema «Conciencias creativas», terá lugar en toda Galicia a G-Night, a Noite europea das persoas investigadoras. O Vello Cárcere é o emprazamento elixido para a Noite galega das persoas investigadoras na cidade de Lugo, en horario de 18.00 a 22.00 horas.

Obradoiros e presentacións de 45 minutos e demos de 15 minutos conforman a programación da G-Night no Vello Cárcere de Lugo. Adaptaranse os espazos do edificio: o patio panóptico interior e as celas, para levar obradoiros nos que aprender a técnica da PCR ou a cuantificar a cantidade de proteínas do leite a través dun método fotométrico, ademais de realizar frotis sanguíneo ou coñecer o funcionamento da fibra óptica.

Tamén haberá obradoiros no eido das ciencias sociais que se achegarán ao ciberbullying e aos estereotipos de xénero. Para os máis pequenos ofértase, asemade, un obradoiro de aprendizaxe cooperativa.

As demos serán tan variadas que irán da clonación de árbores in vitro ata a realidade aumentada e a impresión 3D, a fotosíntese artificial ou unha modalidade de hardware libre para rexistrar parámetros ambientais como a humidade ou a temperatura.

As punteiras investigacións que desenvolve o Campus de Lugo da USC con peixe cebra para a súa aplicación en doenzas humanas ou a determinación do grosor dun cabelo mediante difracción son outras das propostas.

Dúas persoas investigadoras da Universidade de Porto, chegadas especialmente para esta G-Night luguesa, convidarán os participantes a construír un móbil da idade de pedra e a facer experimentos de física. Finamente, o patio central do Vello Cárcere abrirase para unha presentación de robótica aplicada ao servizo da sociedade.

A Noite galega das persoas investigadoras está concibida para persoas de todas as idades e condicións. Procúrase o público escolar e preuniversitario, mais tamén o familiar e adulto. Haberá propostas para crianzas desde primeiro curso de primaria, sen límite de idade. O que si que será preciso, debido á restrición dos aforos e á actual situación sanitaria, é a preinscrición para participar nas actividades da G-Night.

Aberto a todos os públicos ata completar aforos:

RESERVA A TÚA PRAZA PARA A ACTIVIDADE E O HORARIO DESEXADOS NO TELÉFONO 982297195

Horarios de reserva:
De luns a mércores: de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.
Xoves e venres: de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 22.30 horas.

Quen o fai?

Financiado con preto de 154.000 euros procedentes do programa marco H2020, a través das Marie Sklodowska-Curie Actions (MSCA), a Universidade de Vigo coordina un consorcio integrado polas universidade de Santiago e da Coruña, o Cesga, a Unidade de Cultura Científica da Delegación do CSIC en Galicia e Instituto de Investigacións Mariñas, o Centro Oceanográfico de Vigo (IEO, CSIC), Gradiant, Itmati, Inibic e Sebbm. En Lugo, a organización da Noite galega das persoas investigadoras correspóndelle ao Grupo de Innovación Docente XuvenCiencia, do Campus de Lugo da Universidade de Santiago, e á Asociación de Investigador@s do Campus Terra AgroMar.

G – Night – fb – 

twitter.com/GNight_gal

 

www.instagram.com/gnight_gal/  

PROGRAMA

Descrición de cada actividade

18.00-19.00 H.
Para público de 6 a 9 anos
Xogando a aprender! (obradoiro, 45 min.) (10 PRAZAS).

Para público de 10 a 13 anos
O que agochan as células (obradoiro, 45 min.) (10 PRAZAS).

Para público de 14 a 18 anos
Experimentos de física (obradoiro, 45 min.) (10 PRAZAS).
Loitamos contra o ciberbullying mediante as redes sociais (obradoiro, 45 min.) (10 PRAZAS).
Sen teatro non hai drama (obradoiro, 45 min.) (10 PRAZAS).

Para público de máis de 16 anos
Percorrido A1 (8 + 8 PRAZAS)
Camiñando da idea á realidade a través da impresión 3D (demo, 20 min.).
Fotosíntese artificial (demo, 20 min.).

Percorrido B (8 + 8 PRAZAS)
Árbores por un tubo (demo, 20 min.) (4 PRAZAS).
O peixe cebra como modelo animal (demo, 20 min.) (4 PRAZAS).

Para todos os públicos
Robots ao servizo da sociedade. (presentación de robots, 45 min.) (40 PRAZAS).

19.00-20.00 H.
Para público de 6 a 9 anos
Xogando a aprender! (obradoiro, 45 min.) (10 PRAZAS).

Para público de 10 a 13 anos
Dío con luz: comunicación con fibra óptica (obradoiro, 45 min.) (10 PRAZAS).

Para público de 14 a 18 anos
Trazabilidade animal mediante PCR – kit DNAMeat (obradoiro, 45 min.) (10 PRAZAS).
Determinación de proteínas co kit Fotometrix (obradoiro, 45 min.) (10 PRAZAS).
Sen teatro non hai drama (obradoiro, 45 min.) (10 PRAZAS).
Para público de máis de 16 anos
Percorrido A1 (8 + 8 PRAZAS)
Camiñando da idea á realidade a través da impresión 3D (demo, 20 min.).
Fotosíntese artificial (demo, 20 min.).

Percorrido B (8 + 8 PRAZAS)
Árbores por un tubo (demo, 20 min.) (4 PRAZAS).
O peixe cebra como modelo animal (demo, 20 min.) (4 PRAZAS).

Para todos os públicos
Robots ao servizo da sociedade. (presentación de robots, 45 min.) (40 PRAZAS).

20.00-21.00 H.
Para público de 10 a 13 anos
O que agochan as células (obradoiro, 45 min.) (10 PRAZAS).

Para público de 14 a 18 anos
Experimentos de física (obradoiro, 45 min.) (10 PRAZAS).
Loitamos contra o ciberbullying mediante as redes sociais (obradoiro, 45 min.) (10 PRAZAS).
Para público de máis de 16 anos
Percorrido A2 (10 + 10 PRAZAS)
SARndbox: un areeiro de realidade aumentada (demo, 20 min.).
A luz – regra do nanouniverso (demo, 20 min.).

Percorrido B (4 + 4 PRAZAS)
Árbores por un tubo (demo, 20 min.).
O peixe cebra como modelo animal (demo, 20 min.).

Percorrido C (4 + 4 PRAZAS)
Hardware de baixo custo e código aberto para control medioambiental (demo, 20 min.) (4 PRAZAS).
Fai un iPhone do tempo da pedra (demo, 20 min.) (4 PRAZAS).

21.00-22.00 H.
Para público de 10 a 13 anos Dío con luz: comunicación con fibra óptica (obradoiro, 45 min.) (10 PRAZAS).

Para público de 14 a 18 anos
Trazabilidade animal mediante PCR – kit DNAMeat (obradoiro, 45 min.) (10 PRAZAS).
Determinación de proteínas co kit Fotometrix (obradoiro, 45 min.) (10 PRAZAS).
Para público de máis de 16 anos
Percorrido A2 (10 + 10 PRAZAS)
SARndbox: un areeiro de realidade aumentada (demo, 20 min.) (10 PRAZAS).
A luz – regra do nanouniverso (demo, 20 min.) (10 PRAZAS).

Percorrido B (4 + 4 PRAZAS)
Árbores por un tubo (demo, 20 min.).
O peixe cebra como modelo animal (demo, 20 min.).

Percorrido C (4 + 4 PRAZAS)
Hardware de baixo custo e código aberto para control medioambiental (demo, 20 min.).
Fai un iPhone do tempo da pedra (demo, 20 min.)

Descrición de cada actividade

Aberto a todos os públicos ata completar aforos
RESERVA A TÚA PRAZA PARA A ACTIVIDADE E
O HORARIO DESEXADOS NO TELÉFONO 982297195
Horarios de reserva:
De luns a mércores: de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.
Xoves e venres: de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 22.30 horas.