O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Ánxel Fole de Lugo acaba de compartir nas redes un excelente documento, un catálogo de arte urbana lucense realizado polos alumnado de 3º, 4º ESO e 1ºBAC e o seu profesorado, coordinado pola profesora Ana Rodríguez Barreiro.
Despois de varios meses de traballo, o catálogo recolle 72 obras de arte urbana cada unha con fotografía, denominación, tipo, autoría, data de creación e data de rexistro, localización e descrición. Unha auténtica guía para poder gozar destas marabillas.
«Grazas a Guido Guía, por abrir camiños. E a todos/as os/as artistas que fan das rúas de Lugo un museo ao aire libre (tamén aos/ás que non figuran nesta lista rápida): #XoséVizoso, #PrimoDeBanksy, ART for DENT, SOKRAM, #LidiaCao, Trece trazos, Leandro Barea, #ConceptoCirco, Yoe 33, Kutxyllo, #NoemíNúñez, #PíaPiadosa, #MadiaLeva, DAViXiNO, Cestola, Espacio Lupa Arte, Dadospuntocero, #Turkesa, Otro prisma, diegoas_graffiti, etc..» A fala do Fole
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte