Liberdades Sonoras pretende atraer a Lugo propostas arriscadas e innovadoras, difíciles de ver nas programacións habituais das salas de concertos.

O ciclo Liberdades Sonoras volve a Lugo despois de dous anos de parón obrigado debido á pandemia en colaboración coa Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo. 

O sábado 21 de maio Kee Avil traerá as súas exploracións de sons, o venres 3 de xuño veremos a fusión de afrobeat, música latina e funk de Newen Afrobeat, e o sábado 25 de xuño Verde Prato traerá a súa renovación da música tradicional vasca. As tres datas son de entrada libre ata completar aforo.

Kee Avil
 
Kee Avil é o proxecto da artista multidisciplinar Vicky Mettler. A canadense combina guitarra, voz, electroacústicas e electrónica cunha gran exploración das diferentes arquitecturas compositivas para crear cancións dunha gran sensibilidade estrutural, con detalles crecentes e intensos.
 
Este concerto será a presentación en Europa do seu álbum debut, Crease, onde a súa experimentación a leva a estilos musicais como o Glitch Pop, Art Pop ou a Electroacústica, nunha mesutra na que non só funciona, senón coa que namora.
 

Sábado 21 de maio | O Vello Cárcere de Lugo | Entrada libre ata completar aforo

Newen Afrobeat
 
Newen Afrobeat son referentes do afrobeat a nivel mundial, e a banda está conformada por 13 músicos en escena. A súa música é unha fusión de afrobeat con música latina e funk, con cancións cheas de mensaxe social en defensa dos territorios e as comunidades.
 
Unha verdadeira festa familiar de música, danza e conciencia social. Con catro álbumes publicados, dous albumes e dous EPs, esta é unha oportunidade para desfrutar en directo da súa nova música, destacando o segundo volume do seu proxecto Newen Plays Fela, cuxa saída data do ano pasado.
 
Venres 3 de xuño | O Vello Cárcere de Lugo | Entrada libre ata completar aforo
Verde Prato
 
Verde Prato é gañadora do Premio MIN 2022 a mellor disco de euskera e expoñente dunha nova xeración de novos artistas que están a recuperar a tradición vasca para levala a lugares insospeitados, sorprendentes e emocionantes, cruzando na súa música cantos populares e litúrxicos con música electrónica.
 
Gañou o Premio MIN polo seu primeiro longo, Kondaira eder hura, que veu a luz en 2021. É unha perfecta mestura de art pop, folktrónica e música tradicional vasca. A principios deste mes de maio lanzou o seu novo EP, Jaikiera, que recibiu grandes eloxios da crítica nacional.
 

Sábado 25 de xuño | O Vello Cárcere de Lugo | Entrada libre ata completar aforo

Promoven:  WORK ON SUNDAY, CLAP,  Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua del Concello de Lugo.