Presentación do libro «As herbas de San Xoán» – Xoves 19/05 – 18:30 – Feira do Libro (Pza Maior)

O martes 17 de maio, día das Letras Galegas, comeza a Feira do Libro en Lugo cunha chea de librerías e actividades paralelas, entre elas, as que trae Patasdepeixe Editora, que basa a súa produción editorial en tres alicerces: A lingua, o feminismo e o medio.

Patasdepeixe conta con 20 títulos que pretenden achegar a lingua galega ás novas xeracións para que gocen, rían e xoguen con ela. Na Feira do Libro de Lugo realizarán un contacontos para crianzas o xoves 18/05 ás 17:30 «Queda sitio na vasoura?» e despois ás 18:30 presentan «As herbas de San Xoán» (baixo o selo Kanguingos que tamén pertence a editora baixo o que editan libros que non son exactamente temática infantil)

As herbas de San Xoán

Autora e ilustradora: Silvia Domínguez Torrado

Este libro pretende recoller dunha forma didáctica a nosa tradición de preparación do cacho de San Xoán. 

Conta cunha introdución na que se explican a importancia ecolóxica e cultural deste ritual e o seu significado simbólico.

Tamén ten una parte na que se explica como debemos comportarnos no monte no momento de ir a buscar as herbas. 

Conta cun capítulo dedicado a cada unha das sete herbas que conforman o cacho e outros capítulos adicados a rituais asociados a esta tradición como por exemplo, as sete fontes de auga ou a recolleita de silvas e toxos para poñer por riba do cacho. 

Cada una das plantas esta acompañada dunha definicion científica, as súas aplicacións médicinais ou curativas a explicación de por que pertencen esta planta ao cacho unha recolección de cantigas e saberes tradicionais relacionados con esa planta en concreto na zona do Salnés.

A tradición galega do San Xoán varía moito de rexión a rexión. Este libro pretende xerar unha conciencia ecolóxica e cultural da nosa riqueza natural e é fundamental que as novas xeracións aprendan e saiban a importancia tanto cultural como como biolóxicas destas tradicións e como están ligadas
aos ciclos da natureza