Grandes intérpretes de música "clásica" nacional e internacional reuniranse no Festival de Música Cidade de Lugo - XLIX Semana da Música do Corpus. Do sábado 21 de maio ao 8 de xuño, a cidade acolle o festival máis lonxevo de Galiza e un dos festivais de música máis antigos e recoñecidos do país.

Comeza o Festival de Música Cidade de Lugo – XLIX Semana da Música do Corpus este sábado 21 de maio co concerto de Fahmi Alqhai xunto a Accademia del Piacere, co programa Les violes du ciel et de l’enfer.

Fahmi Alqhai é hoxe considerado un dos máis importantes intérpretes de viola da gamba do mundo, e un dos maiores renovadores da interpretación da música antiga, grazas á súa concepción arriscada, persoal e comunicativa do achegamento aos repertorios históricos.

A valentía dos seus innovadores proxectos e a forte personalidade artística do seu director, Fahmi Alqhai , fixeron de Accademia del Piacere o grupo de vangarda da música antiga española e un dos punteiros en Europa, grazas á súa concepción da música histórica como algo vivo, cheo de emocións que os seus músicos interiorizan como propias e transmiten ao espectador.

PROGRAMA Festival de Música Cidade de Lugo – XLIX Semana da Música do Corpus

Corenta e nove anos de historia avalan o decano dos festivais de música clásica de Galicia, tradicionalmente coñecida como Semana de Música do Corpus, que reúne anualmente a algunhas das grandes figuras do panorama musical nacional e internacional en Lugo.

Concertos gratuitos:                   

Todos os concertos celebraranse no Círculo das Artes de Lugo agás o do violinista Jorge Jiménez que terá lugar no Conservatorio Xoan Montes. Serán con entrada de balde ata completar a cabida. O Festival de Música Cidade de Lugo está organizado pola Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo coa colaboración da Sociedade Filharmónica de Lugo.

21 de maio  – Círculo das Artes – 20:30h                                                                                 

Accademia del Piacere

Fahmi Alqhai

Les violes du ciel et de l’enfer                        

25 de maio  – Círculo das Artes – 20:30 h

Trío Castelao

Sons de xuvente                                            

26 de maio – Círculo das Artes –  20:30 h

Sofya Melikyan, piano

Soños, xogos, fantasía… 

28 de maio – Círculo das Artes – 20:30 h

Lucie Horsch, frauta de pico

Orquestra Barroca Vigo 430

Sophie de Bardonnèche, dirección

Concertos para frauta de Bach, Vivaldi e Sammartini

29 de maio – Círculo das Artes –  20:30 h

Ezgi Alhuda, soprano

Ensemble da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG)

Massimo Spadano, dirección

Lieder e cancións de cámara. R. Strauss e G.Verdi

31 de maio – Conservatorio Prof. Música Xoán Montes – 20:00 h

Jorge Jiménez, violín

Rethinking Bach.  As Variacións Goldberg transcritas para violín solo

2 de xuño – Círculo das Artes –  20:30 h

Patagonia Express Trío

Piazzolla: Ruta 100

4 de xuño – Círculo das Artes – 20:30 h

MUSIca ALcheMIca

Lina Tur Bonet, violín e dirección

A Beleza / Biber 1681

8 de xuño – Círculo das Artes –  20:30 h

Carlos Mena, contratenor

Concerto 1700

Daniel Pinteño, violín e dirección

Bello Pastor: Cantadas para castrado na Capela Real