Obras de Maruja Mallo, Castelao e Colmeiro no Museo Provincial de Lugo
O Museo Provincial de Lugo incorpora e relaciona xuntas nunha mesma sala, a 14, a tres figuras artísticas fundamentais na historia da arte galega, determinantes na asimilación das vangardas europeas desde distintas linguaxes creativas co nexo común do seu posterior exilio trala Guerra Civil española: Maruja Mallo, Colmeiro e Castelao.
Na sala 14 a partir de agora poderase ver como novidades expositivas: unha obra de Maruja Mallo realizada cando era pensionada da Deputación de Lugo (entre 1926-1929), e dúas pinturas de Colmeiro: Maternidade (1934) e Vista da Muralla de Lugo (s/d), que tampouco estaban expostas anteriormente.
Así mesmo, este espazo complétase con dous óleos de Castelao: Paisaxe con castiñeiros e Asno e gaivotas -o resto da súa obra está na sala monográfica de debuxo e gravado galego (nº 25)-.
En total, son 12 as obras destes artistas as que se poden ver nesta sala.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte