Programación do Lugo Cultural 2024
Tres décadas dunha programación cultural de vangarda que posibilita o goce de ciclos estables de teatro, música e danza, ao tempo que favorece a creación a través de certames e obradoiros de fotografía, cine e videocreación, e mesmo posibilita a celebración en aberto de foros de análise e debate.
FOTOGRAFÍA
A fotografía é a disciplina artística protagonista do Lugo Cultural no mes de febreiro, período no que aínda se mantén aberta ao público a mostra do Maratón Fotográfico do Campus na Biblioteca Provincial.
Asemade, a oficina de Cultura da USC en Lugo tamén mantén aberta a inscrición para o encontro con José Manuel Navia que se desenvolverá o 17 de febreiro na Casa do Saber baixo o título ‘Fotografías: fragmentos, documentos e ficcións.
Unha semana máis tarde, o 23 de febreiro comezará no mesmo escenario o taller do grupo fotográfico do Campus de Lugo, que está estruturado en varias sesións formativas impartidas por Adra Pallón que se celebrarán os días 23 de febreiro, 8 e 15 de marzo, 5 e 19 de abril e 10 de maio.
MÚSICA GALEGA
O ciclo Lubicán, que pon en valor a música galega e en galego botará a andar o 28 de febreiro, ás 20.15 horas, no auditorio de Veterinaria, coa actuación de XMASEDA65, como «teloneiros» de KYR4.
Este programa terá continuidade os días 3 e 24 de abril con cadanseu concerto de ‘Bala’ e ‘Caamaño& Ameixeiras’ na Praza de Santa María.
Unha sesión máis íntima terá lugar o 15 de marzo na Casa do Saber, que acollerá un solo de piano, a cargo de Abraham Boba, vocalista de León Benavente.
DEBATE, CURTAS, TEATRO E DANZA UNIVERSITARIA
Os Encontros de Lúa Chea, unha proposta orientada ao debate sobre temas actuais de interese mantén en 2024 dúas convocatorias na cafetería da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría a finais o 29 de febreiro e o 4 de abril.
A actividade cultural do Campus de Lugo será especialmente activa ao longo deste mes, dado que está prevista a celebración do certame FindeCurta, así como de novas edicións de dous eventos xa clásicos na capital luguesa como son o Festival de Teatro Universitario, que se celebrará do 15 ao 21, e do Encontro de Danza Universitaria, que presentará ao público lugués novas creacións os días 25 e 26 de abril no MIHL.
+ PROGRAMACIÓN
O Curso de Primavera da USC, un fito que se celebrará do 10 a 12 de abril, as intervencións programadas ao abeiro dos ciclos ‘Microaberto’, ideado para alimentar a creatividade do estudantado universitario e que nesta edición contará como convidado co polifacético Pablo Méndez o 11 de marzo en ADE, e ‘Na Calzada’, unha proposta concibida como pasarela para presentar en Lugo a artistas locais que están a formarse fóra, completan a atractiva grella programada en Lugo desde a USC con cargo ao financiamento do convenio Lugo Cultural, unha oferta variada e integradora na que tampouco faltan os Sons Creativos ni o ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’, que deparará ata tres concertos.
O convenio Lugo Cultural recibe financiamento da USC, Cultura do Concello de Lugo e Cultura da Deputación Provincial de Lugo,