Terán lugar o xoves 19 e o sábado 21 de setembro.
O Caudal Fest ampliará este ano a súa programación con dúas sesións vermú nas Caldas e no Coliving con artistas que están por anunciar.
“É o exemplo perfecto de como podemos rendibilizar ao máximo tanto esta cita musical como as dotacións públicas das que dispoñemos, ofrecendo actuacións culturais de calidade que enriquezan a vida da veciñanza e atraian visitantes á cidade”, afirmou a alcaldesa Paula Alvarellos
O espazo exterior co que conta ao seu arredor o Coliving Artístico Municipal achegará a música ao centro da cidade e axudará a revitalizar unha zona tan emblemática como a do Carme, e as Caldas – moi próximas ao recinto do propio festival – acollerán outro concerto que servirá para dar a coñecer máis esta instalación.
O Caudal Fest 2024 contará con artistas como Amaral, Mikel Izal, Viva Suecia, Arde Bogotá, entre outros.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte