A contaminación plástica convertida en arte na mostra «Vestigia» en O Vello Cárcere

Vestigia, de Cabanes Fontao, poderá visitarse ata o vindeiro 13 de outubro.

«Vestigia» conta con distintas pezas que tratan sobre as problemáticas que conleva o abuso do plástico, como a contaminación, o cambio climático e o coidado do medio.

O proxecto creativo de Cabanes Fontao comeza coa recolección de plásticos, especialmente na costa, e continúa cun proceso de limpeza e catalogado que permite despois traballar coa peza desde o pigmento ou a luz, convertendo un material tóxco para o medio nunha obra de arte que amosa vida e luminosidade.

Ana Cabanes Fontao (A Coruña, 1991).

Artista plástica e visual.

Estudou serigrafía artística, artes aplicadas da escultura, Belas Artes e investigación e creación en arte contemporánea.

https://www.instagram.com/cabanesfontao/

O Vello Cárcere (información e horarios)

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da lingua, Maite Ferreiro, achegouse ata o Vello Cárcere para ver a mostra coa artista Cabanes Fontao. Foto: Gab. Com. Cultura Concello de Lugo.