A contaminación plástica convertida en arte na mostra «Vestigia» en O Vello Cárcere
Vestigia, de Cabanes Fontao, poderá visitarse ata o vindeiro 13 de outubro.
«Vestigia» conta con distintas pezas que tratan sobre as problemáticas que conleva o abuso do plástico, como a contaminación, o cambio climático e o coidado do medio.
O proxecto creativo de Cabanes Fontao comeza coa recolección de plásticos, especialmente na costa, e continúa cun proceso de limpeza e catalogado que permite despois traballar coa peza desde o pigmento ou a luz, convertendo un material tóxco para o medio nunha obra de arte que amosa vida e luminosidade.
Ana Cabanes Fontao (A Coruña, 1991).
Artista plástica e visual.
Estudou serigrafía artística, artes aplicadas da escultura, Belas Artes e investigación e creación en arte contemporánea.













