Lugo preséntase como Capital Europea da Zanfona.
O Pazo de San Marcos acolleu a presentación dunha serie de vídeos destinados a valorizar o papel de Lugo na historia da zanfona, un instrumento tradicional de gran relevancia cultural en Galicia e Europa.
As pezas audiovisuais, producidos pola Asociación de Gaiteirxs Galegos co apio da Vicepresidencia da Deputación, destacan as iniciativas desenvolvidas en Lugo para  a recuperación deste instrumento.
Fotos Arquivo: Alumnado de zanfona e percusión da Tradescola nunha escena da gravación do vídeo. Fonte: Gab. Com. Vicepresidencia Deputación de Lugo.

Os vídeos destacan tanto a historia como o traballo do taller Obradoiro de Instrumentos Tradicionais, fundado en 1951 polo mecenas Antonio Fernández.

Este emblemático taller foi clave na preservación e rexurdimento da zanfona, inspirando a novas xeracións e aumentando o interese de nenos e adultos por aprender a tocala.

A parte musical dos videos corre a cargo do alumnado de zanfona da Tradescola, guiados polo seu mestre Germán Díaz, impulsor desta iniciativa, e acompañados polos mestres da Tradescola Miguel Anxo López e Lucía Eiros.

O traballo conxunto das distintas institucións pretenden proxectar Lugo como capital deste instrumento e atraer o interese de Europa e do resto do mundo a unha colección tan única como é a colección de instrumentos existente no Centro de Artesanía e Deseño.

A campaña incide no traballo que a área de Artesanía e Deseño para a súa proxección e estudo coa organización, desde 2020, dos encontros Celme de Zanfona, que reúnen cada ano en Lugo a referentes internacionais na investigación, construción e interpretación deste instrumento de orixe medieval.

No acto de presentación interviron Germán Díaz, músico e mestre de zanfona, Mónica Fernández, coordinadora da Tradescola, Luciano Pérez, director da Colección de Instrumentos do Centrad,  o vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro e a concelleira de Cultura Maite Ferreiro, e contou coa participación dunha vintena de alumnas e alumnos de zanfona da Tradescola, de diferentes idades.

Videos producidos pola Asociación de Gaiteirxs Galegos co apio da Vicepresidencia Deputación de Lugo.