Un libro sobre Bóveda recolle a riqueza cultural do concello.
«Bóveda, a memoria no lugar» de Óscar Górriz publicado pola Editorial Canela.
Bóveda, a memoria no lugar é unha obra que celebra a riqueza da cultura galega mediante un proxecto etnográfico, fotográfico e musical levado a cabo por Óscar Górriz durante a súa residencia artística na Casa da Memoria en Bóveda (Lugo).
A través de entrevistas, fotografías analóxicas e gravacións de audio, Górriz mergúllase nas lembranzas dos maiores das aldeas do concello de Bóveda, recollendo relatos de vida, costumes, mitos e lendas.
A partir deste material ten lugar a creación musical, producindo cántigas novas de estilo tradicional, co fin de realizar unha aportación á música popular desde unha rexión onde os cantares de transmisión oral esmoreceran antes da chegada das novas xeracións de recolledores de finais do século XX.
O libro subliña a relevancia de conservar vivas as tradicións orais na era da Intelixencia Artificial, garantindo que o noso relato histórico colectivo permaneza accesible tanto en formato online como impreso.
O proxecto é unha homenaxe ao patrimonio de Bóveda e de Galicia, un testemuño valioso que busca transmitir estas historias e saberes ás futuras xeracións, preservando así a esenciada nosa herdanza.
CARACTERÍSTICAS PRINCIPAIS
• Selección de 44 fotografías analóxicas en branco e negro, tomadas por Óscar Górriz no concello de Bóveda (Lugo), de gran valor documental, cultural, histórico, etnográfico e artístico que recollen veciñanza e lugares de interés relacionados co texto.
• A través dos textos narra situacións e contecementos gardados na memoria dos informantes, persoas maiores do lugar, co obxectivo de plasmalos nunha publicación para o futuro evitando así a súa perda.
• Textos de José Caruncho, Ugía Pedreira e Óscar Górriz.
• Publicado en lingua galega.
• Através de códigos QR accédese a conversas cos veciños de Bóveda en diversas situacións onde transmiten a súa memoria e ás cántigas novas compostas e interpretadas ao estilo tradicional por Óscar Górriz
• Formato 227 x 290 mm.
• 52 páxinas.
• Alta calidade de impresión, con imaxes a gran tamaño sobre papel especial Gardapat KIARA de 135 gr.
• Encadernación en rústica con lapelas.
• Dous marcapáxinas e unha tarxeta (de 20, 25 cm aproximadamente) cunha fotografía do libro
• Tirada limitada de 600 exemplares.
• Realizado e producido integramente en Galicia.
Óscar Górriz
Óscar Górriz (A Coruña, 1977) é un creador interdisciplinar. Fotógrafo, músico, ilustrador e realizador audiovisual, aprende desde pequeno fotografía analóxica co seu pai José María Górriz para formarse posteriormente en artes de deseño e ilustración publicitaria na Escola de Artes Pablo Picasso da Coruña e no Institut de Estudis Politécnics deB arcelona entre 1998 e 2004, onde estuda tamén fotografía.
En 2002 recibe unha bolsa da propia IDEP para un curso de Ilustración de Autor en Barcelona. Walker Evans, Man Ray, H. Cartier Bresson, Sergio Larrain e Ansel Adams son algúns dos primeiros fotógrafos que coñece grazas aos libros de fotografía que posúe seu pai, fotógrafos que marcarán os seu estilo posterior.
A nivel musical realiza estudos de percusión e jazz co mestre Joaquín Zuecos na Coruña en 1998. A mediados dos 2000 fórmase de xeito autodidacta en produción musical electrónica, sampling e Dj, colaborando no entorno de artistas como Tote King (Sevilla), SFDK (Sevilla) ou Foreign Beggars (Londres).
Na década dos 20 inicia estudos de canto e percusión tradicional, asistindo a clases cos mestres Xurxo Fernándes e Fransy González e no 2024 os de acordeón diatónico con Bieito Romero, do grupo Luar na Lubre.
Paralelamente ao desenvolvemento da súa obra fotográfica como autor, colabora no ámbito audiovisual e creativo con artistas galegos como Ugía Pedreira, Xurxo Fernándes, Davide Salvado ou Fransy González e está a desenvolver a súa primeira longametraxe de cine documental.
Tamén en 2024, e como parte de Bóveda, a memoria no lugar (o seu primeiro libro con obra fotográfica, etnográfica e musical), publica un sinxelo con dúas cancións musicadas polo arranxista portorriqueño Pablo Hernández, e producidos por Ugia Pedreira.