- Este evento ha pasado.
Los Hot Chocolates en concerto
Los Hot Chocolates en concerto
Venres 11 de abril de 2025 – 22:30 horas – Club Clavicémbalo de Lugo
Banda especializada no swing, hot jazz, dixieland e blues xurdidos nos marabillosos anos 20 do século pasado en Nova Orleans, dando un salto ata Chicago, Nova York e de aí ao resto do mundo.
Entre as influencias da banda destacan músicos como Louis Armstrong, Fletcher Henderson, Duke Ellington, Paul Whiteman, Jelly Roll Morton, a Original Dixieland Jass Band, Sidney Bechet, Bix Beiderbecke e King Oliver.
As obras destes grandes mestres soan de novo interpretadas desde unha óptica propia e orixinal que mantén a esencia dos xéneros e estilos musicais nos que foron concibidas e homenaxea respectuosamente os xenios que deron un novo rumbo á historia da música.
Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo



























