- Este evento ha pasado.
Inaguración da mostra de Andrea Davila Rubio

Inaguración da mostra de Andrea Davila Rubio
Xoves 3 de xullo ás 19:30
Galería Néboa
Lamas de Prado 31, Lugo
«O xoves 3 de xullo ás 19:30 inauguramos a mostra «a sweaty dispersal into the fog» de @andreadavilarubio comisariada por @lopezblanconuria
Desde unha mirada crítica e situada, o traballo de Andrea Davila Rubio propón unha ruptura coas xerarquías tradicionais entre o humano e o non humano, expoñendo formas de convivencia e coidado nas que o corpo e a súa contorna comparten unha mesma lóxica de transformación mutua.
A través da súa obra, a artista explora como a práctica escultórica pode converterse nunha forma de estar no mundo, e como o corpo é capaz de activar vínculos afectivos e materiais cando se entrelaza con elementos da paisaxe, así coma outros de vida cotiá.
Nos seus traballos, o corpo deixa pegadas, pero tamén é modelado polo que toca e convértese nunha superficie viva que acolle e se deixa afectar.
A súa produción máis recente afonda nesta conexión entre corpo e materia, e propón novas formas de imaxinar a coexistencia interespecie desde o artístico.» Galería Néboa
Andrea Davila Rubio inaugura en NÉBOA a exposición a «sweaty dispersal into the fog»
























