A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que a Tenencia de Alcaldía seguirá a realizar o concurso infantil de debuxo co que se escolle o cartaz do San Froilán Miúdo.
«Animamos ás nenas e nenos de Lugo a seguir participando neste concurso, e agardamos que no futuro as nenas e nenos participantes continúen a adicarse ao deseño de maneira profesional».
Premio de 300€ para a nena ou neno menor de 15 anos que resulte gañador.
Os deseños deben presentarse en formato impreso ou dixital, en tamaño A4 a través da sede electrónica ou do rexistro presencial do Concello, no prazo dun mes, e despois será un xurado quen escolla a imaxe do espazo infantil das festas deste ano.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte