- Este evento ha pasado.
Memorial académico Manuel Regueiro Tenreiro

Memorial académico Manuel Regueiro Tenreiro
Seis anos despois do pasamento do profesor Manuel Regueiro Tenreiro, a comunidade universitaria e filosófica galega rendirá homenaxe á súa figura.
O encontro, aberto ao público, leva por título “Manuel Regueiro Tenreiro: Filosofía e Lingua” e reunirá destacados especialistas das áreas de filosofía, filoloxía e educación.
O venres 24 de outubro no Salón de Actos da Facultade de Formación do Profesorado da USC (Campus de Lugo) a partir das 16:30 horas.
As sesións abordarán a dimensión docente e persoal de Regueiro:
16:30 Regueiro, Profesor, con Jaime Santoalla Varela e Manuela López Besteiro, moderados por Miguel Ángel Martínez Quintanar.
17:30 Regueiro e o Compromiso coa Fe, con Pedro Rubal Pardeiro, José Huerta e Xesús Ferro Ruibal, moderados por Xulio Xiz.
19:00 O evento pecharase coa conferencia de clausura a cargo de Valentín García Gómez, Secretario Xeral da Lingua da Xunta de Galicia, titulada “Regueiro e a lingua hoxe”.






























