12.2 C
Lugo
Jue, 18 Dic 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Seminario “Mulleres de importancia: diplomacia cultural e arte entre España e Roma”

31 de octubre - 12:00

A UNED de Lugo acollerá o vindeiro 31 de outubro, de 12:00 a 13:30 horas, o seminario “Mulleres de importancia: diplomacia cultural e arte entre España e Roma”, unha nova cita do ciclo Humanidades a Corta Distancia, organizado pola Facultade de Xeografía e Historia da UNED e o Centro Asociado de Lugo.

A sesión estará a cargo de Pilar Díez del Corral Corredoira, profesora da Facultade de Xeografía e Historia da UNED e beneficiaria da Bolsa Leonardo de Investigación Científica e Creación Cultural 2024 da Fundación BBVA, que dá apoio a este proxecto.

Durante a conferencia analizarase o papel das mulleres na diplomacia cultural de comezos do século XVIII, tomando como figura central á duquesa de Uceda, esposa do embaixador de Filipe V en Roma. O seu exemplo permite afondar no papel representativo das mulleres no Palacio de España, onde exercía como anfitrioa en celebracións diplomáticas e culturais de gran relevancia.

O obxectivo do seminario é amosar ao público non especializado como se constrúe unha investigación en historia da arte contemporánea, integrando os estudos de xénero coa historia cultural e abrindo novas perspectivas sobre as relacións entre España e Italia nun período clave para a diplomacia e a creación artística.

A actividade, de carácter gratuíto e sen certificado, poderá seguirse tanto presencialmente no Salón de Actos da UNED de Lugo como en modalidade en liña, en directo ou en diferido: https://extension.uned.es/actividad/46429

Este seminario conta coa colaboración do Concello de Lugo e da Deputación de Lugo, e enmárcase nas accións culturais impulsadas pola UNED de Lugo dentro do ciclo Humanidades a Corta Distancia, que busca achegar a reflexión humanística e a investigación universitaria ao conxunto da sociedade.

Detalles

  • Fecha: 31 de octubre
  • Hora:
    12:00
  • Categoría del Evento:

Local