- Este evento ha pasado.
Gala Institucional 25 aniversario da declaración da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade

Gala Institucional 25 aniversario da declaración da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade
Domingo, 30 de novembro de 2025 19:30 hs.
Auditorio Fuxan os Ventos
A gala ofrecerá ao público un viaxe visual e sonoro pola historia da Muralla, desde o seu nacemento e función defensiva ata os esforzos de conservación e recuperación do século XX, pasando polo intenso proceso que culminou no recoñecemento da UNESCO no ano 2000.
O acto tamén evocará o momento no que se fixo público o ditame e como esta declaración mudou para sempre a relación da cidade coa súa fortaleza bimilenaria.
A Orquesta Xoven Terra Nova será a encargada de conducir a banda sonora do evento cunha actuación que acompañará cada capítulo do relato, convertendo a historia do monumento en música e emoción compartida.
O Concello informa de que a entrada á este evento será completamente gratuíta, e que o acceso ao auditorio se realizará con butacas numeradas para garantir que ningunha persoa asistente quede sen sitio.
Para facilitar a organización e asegurar unha asistencia ordenada, o Concello pon a disposición da cidadanía o portal municipal entradaslugo.es, desde o que se poderán retirar as invitacións de forma sinxela e anticipada.
A velada incluirá ademais testemuños dos protagonistas que acompañaron este proceso histórico: investigadores, profesionais, representantes institucionais e veciños que viviron en primeira liña momentos decisivos para a recuperación e posta en valor da Muralla.
A noite combinará espectáculo, emoción e memoria, incorporando tamén momentos de maxia escénica que axudarán a reconstruír episodios e sensacións da súa longa historia.





























