- Este evento ha pasado.
Masa Crítica Lucense Novembro 2025

Xoves 27 de novembro de 2025 – 20:30 horas – Saída: diante do Concello
«Como tódolos últimos xoves de mes dende hai xa 17 anos, celebramos en Lugo unha nova edición da Masa Crítica.
A Masa Crítica é un paseo colectivo e lúdico en bicicleta pola cidade reivindicando o uso da mesma como medio de transporte ecolóxico, económico, saudable e divertido, facendo da cidade un espazo máis humano, sen ruídos nin contaminación ó que están convocad@s tód@l@s ciclousuari@s.»





























